16 de fevereiro de 2009

#20 - O nosso «amigo» Valle...


"POLLITOS BIEN"

Comezaremos invocando a Vale-Inclán.

Mestre: chamámoslle mestre por ser vostede "mestre" da Xuventude imbécil de Galicia. Noso non; que, afortunadamente, sabemos comparar a súa modernidade coa cobardía do débil que tan só pode vivir facendo claudicante concesión ó forte.

Non tería o seu nome acollida nestas liñas se quixésemos tan só chamarlle aquilo. Pero ten que ser ó falar dese fato de cabezas focas, nenos "foulard e de rubí", engaiolados polo innegábel prestixio da prosa e da ridícula mentira dunha epopeia aventureira que vostedes, unha e outra vez, falsifican.

Sabemos que con intermedios himnarios ó Gran Pontífice da Baldeireza en traxe de festa (Este gran don Ramón...) entra a estrago pola fala meseteira, con grande desprestixio dela por certo. Tamén sabemos que adoecen de imbecilidade inxénita ou contaxiada, e que a vostede lle debemos o telos levado para "alá". Isto último é cousa que nunca ben lle agradeceremos.

Agora, o que quereríamos conseguir da súa incensada personalidade sería que se intensificase a campaña castelanizante porque nos arrepían o pensamento de que eles se cresen chamados por estas nosas palabras de mocidade e chegase algún a desertar de la "lengua de Cervantes" para vir a baldeirar na nosa Fala as producións do seu serrín encefálico. Isto estaría moi mal. Mal para o castelán, idioma oficial da cursilería, que, polo mesmo ten dereito a aquelas cousas, e mal para o galego, digno de moita mellor sorte.

E a vós, pobriños mamaleites literarios, desexámosvos cordialmente que calquer día vos publiquen un verso na derradeira folla dunha desas indixentes revistas madrileñas, doada palestra dos vosos esforzos, que é o máximo desideratum voso.

Madrid precísavos para personaxes da súa opereta.


Extraído do manifesto Máis Alá assinado em 1922 por Manoel-Antonio e Álvaro Cebreiro.

4 de fevereiro de 2009

#19 - Maglev




新幹線 ----->









{Schienenzeppelin}